lunes, 11 de julio de 2011

Traspediante presenta o I FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO CORPO NAS RÚAS DE OURENSE












O I FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO CORPO NA RÚA, traerá durante os días 19, 20 e 21 de Xuño, as artes do movemento e do corpo por primeira vez ás rúas da cidade de Ourense.

Cunha programación de tres días, que comezará sempre ás 20:30 horas na coñecida praza de Santa Eufemia, este festival nos fará percorrer a cidade polas distintas prazas e recunchos emblemáticos nas que os distintos artistas, catro cada día, presentarán os seu traballos. Esta iniciativa xoga coas ideas de reinterpretación artística do espazo urbano, a través da adaptabilidade das pezas de danza ós distintos lugares, e fomento da súa utilización, por parte do cidadano que participa como espectador ou como intérprete.

As actuacións terán unha duración aproximada de 20 min e correrán a cargo de artistas internacionais e galegos, coa especial participación de compañías integradas por coreógrafas e bailarinas ourensanas.

Por otra banda, esta semana da danza concívese tamén como un espazo de residencia e encontro para os artistas participantes, facéndoo coincidir coa organización por parte de Danesga (asociación de profesionais da danza de Galicia) do curso de creación da artista portuguesa Vera Montero.

Outro dos obxetivos importantes do festival é o de achegar a danza profesional á nosa cidade saindo ó encontro do espectador e favorecendo actividades comunes a este colectivo artístico.

O festival está enmarcado dentro do programa xeral de actividades VeraneArte 2011.

+info festival:

http://ourensefestivaldedanzaderua.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario